Colección de guías técnicas
As oito guías
Cada guía descárgase e imprímese por separado (PDF, tamaño A4). Inclúen esquemas, listas de comprobación e modelos de apoio, e citan ao final a normativa e as fontes consultadas.
-
Guía 1 · Decidir
Decisión comunitaria
Diagnóstico inicial, acordo da asemblea, modelo de xestión, responsabilidades e relación coa persoa gandeira.
Proximamente -
Guía 2 · Coñecer
Avaliación do monte
Usos, superficie útil, recursos forraxeiros, auga, accesos, riscos, limitacións ambientais e compatibilidades.
Proximamente -
Guía 3 · Planificar
Deseño produtivo
Obxectivos, especies e razas, dimensionamento do rabaño, calendario e sistema de pastoreo.
Proximamente -
Guía 4 · Legalizar
Tramitación
Consultas previas, rexistros (REGA), identificación animal, movementos, sanidade, seguros e outras obrigas.
Proximamente -
Guía 5 · Preparar
Infraestruturas
Peches fixos e móbiles, electrificación, auga, mangas, cargadoiros, refuxios, pasos canadenses e accesos.
Proximamente -
Guía 6 · Manexar
Manexo
Pastoreo rotacional, suplementación, benestar, reprodución, predación (lobo), emerxencias e mantemento.
Proximamente -
Guía 7 · Financiar
Viabilidade
Investimento, custos anuais, ingresos, axudas (PAC, ecorréximes, Xunta, Deputación), contratación, fiscalidade e responsabilidades.
Proximamente -
Guía 8 · Avaliar
Seguimento
Indicadores produtivos, vexetación, biomasa, biodiversidade, prevención de incendios e revisión adaptativa.
Proximamente
En todas as guías
Temas que atravesan o itinerario
Hai asuntos que non caben nun só paso. Aparecen ao longo das oito guías, alí onde se toman as decisións:
- TecnoloxíaGPS, sensores e vallado virtual
- PredaciónPrevención dos ataques do lobo e protección das crías
- Sanidade e benestarBioseguridade e coidado dos animais
- Control do matoPastoreo fronte ao mato e ás especies invasoras, como a acacia
- IndicadoresMedir os efectos ambientais e socioeconómicos
- Modelos e fichasTamén descargables á parte en Recursos